domingo, 9 de mayo de 2021

En Madrid volven a pasar cousas, excepto atoparse co teu ex. Eleccións 4M


 Bóas de novo a todos, desta vez, non me atraso con respecto a actualidade, inda que sí respecto con outros cómics, cas historias aurienses inclusive. Moito que analizar respecto aos resultados, inda que excepto pra quen viva na súa burbulla, nada sorprendentes, e sí, non hai que ser "buenistas" de por non facer autocrítica non tachar negativamente a quenes a votasen, cómo se non habendo razón lóxicas que expliquen mais non se xustifiquen, a xente non teñamos responsabilidade do que votemos e tamén que sexamos ou non "idiotas", inda que dende logo, isa non é a análise. Tampouco creo que sexa cuestión de sumisión ou servidume, sinxelamente, nunha pandemia que desgastou tanto social como laboralmente, na que non hai perspectivas de futuro, as axudas chegan con contagotas e son pírricas, a xente votou poder traballar, e tamén poder saír, e nunha sociedade na que se fomenta o individualismo nun "sálvese quen poida", a xente pesoulles ter o cú a resgardo, e a pé de rúa, isto nótase mais, e nunha actualidade tan rapidamente cambiante, enseguida nos esquecimos da crise sanitaria, e nós xa temos nosa propia anestesia disa realidade con cañitas, e nosa propia osixenación con saír sen restriccións.


Isto por suposto, non arranxa un panorama laboral precarizado, nin os contratos miserables, nin as horas traballadas sen pagar.. Mais supoño qué foi un.. "Todos non nos temos por qué contaxiar, mais así non come ninguén".. Inda que claro, o da Ayuso foi "pan" e circo, o circo persoal contra o goberno con Madrid coma embigo de España e resistencia numantina. Ista non quería dar axudas a Hostelería, e foi por iso, aproveitar as restriccións do resto, para a vez que mánter os cuartos que da o turismo, atraer os que virían porque no Centro podrían facer o que non poden no resto do país ou noutros países. A isto engadimoslle o cara seta do Gabilondo, a conconcordia non debe de confundirse ca tibieza e a inacción, e ademáis nista, a confrontación só se pode gañar con confrontación, no bó senso de facer fronte.


Con su pan se lo coman, "A la madrileña". 💋, pero sen ex revoloteando.

2 comentarios: