lunes, 12 de abril de 2021

Parásitos. Pasan cousas en Madrid volume III?


 Bóas a tod@s de novo, eiquí vos deixo cunha viñeta retranqueira sobre as nevadas en Madrid, retratando algunhas das distintas consecuencias e perspectivas según a clase social, porque o que foi pra algúns unha anécdota, pra outros foi un problema, xa sexa por cuestións laborais, acceso a suministros de auga.. O que é, dificultades pra realizar labores que precisan pra sobrevivir, ou que haxa maiores consecuencias pra quen non teña unha vivienda en bóas condicións. O exemplo do Barrio Obreiro foi sobre un caso real que me contaron dunha que se quedou sen auga porque lle reventaron as cañerías..

 Bueno, resumindo, a maioría vive e ten que vivir na realidade, outros nunha burbulla, o que se di, que as serpes morden os pés descalzos.

Con isto ademais, quería resaltar a onda de espiritualismo barato que se consume coma un producto mais, e que o fin e o cabo só é un exercizo de narcisismo de quen pode ver e vivir as cousas de forma liviana. Istes "colecciona" experiencias coma quen vai a un safari.

E pouco mais, que, pra quen non a vira, inspireime pra a historieta na peli "Parásitos", unha comedia de enredo de crítica e retranca(Ironía) social moi recomendable, dos que non te chantan o mensaxe masticado, nin moi abstracta e intelectualoide.

Posdata:A da imaxe da muller desnuda está inspirado na Pedroche, mais non é ila, ila cáeme ben, o fin e o cabo, é unha rapaza que veu dun barrio humilde que tivo éxito na Tolovisión, e prefiro a un rico ou pudente con conciencia social, que a un pobre lambecús.

Vostedes lo "gosen".