miércoles, 17 de marzo de 2021

Entroido 2021.

 Bóas a tod@s de novo, p


ois nada, eiquí vos vai  unha nova entrada de Virguerías.

O curioso é que tanto no anterior cómic coma niste, pois parece coma que estiveran os papeis das responsabilidades cambiados, pero non, porque eiquí se nomearon una temas pra falar tamén doutros, e inda que na cancelación do Entroido, a responsabilidade era da Xunta e das C.C. A.A, isto vai de que todos temos unha máscara, algúns máis que outros, e o Psoe(Prisoe pros amigos) usou a súa historia, e usa o seu logotipo e siglas, pra apropiarse dunha identidade que non se corresponden ca súa senda político-económica.

Non amigos, o Psoe cómo tal morreu en Suresnes, só que inda foi esmorecendo no social en parte co tempo ao principio e inda non o enterramos.

2 Posdatas: Paréceme lóxico que cancelaran o Entroido os da Xunta, mais se podrían haber buscado alternativas, reivindicar un Entroido menos turístico, mais pequeno pero tradicional e cultural, hai moito máis alá da festa entendido como esmorga ou jarana, e moitas mais persoaxes que os cigarróns e variantes.

O da máscara é Pablo Iglesias Possé, o fundador do Psoe, di moito de mín que teña que aclaralo, pero bueno, tiña outras ideas cómo pór o Pdr como máscara na que detrás anda o Ibex. Pra a próxima vez inda a risco de spoiler fago unha enquisa se teño varias opcións.

martes, 2 de marzo de 2021

Pablo Casado, o novo Mr Quitanieves.

  Bóas a tod@s de novo, con algo mais de retraso, coma sempre, mais por fin con mais continuidade, ofrézovos unha nova historieta de Virguerias. Chegando a primavera, e fora da noticia da excepcionalidade e bueno, que é Madrid que parece a centralidade dos sucesos en España mais que o centro xeográfico e, mais que a capital, o único punto importante do estado, vamos, coma se fora toda España Madrid e alrededores, quero retratar con isto o de sempre e o que se ve mais a luz coa pandemia.. Uns sistemas de estructuras e servizos públicos cada vez mais endebles e menos preparados ante calquera eventualidade.

E bueno, a todo isto, sei que iles non teñen a responsabilidade do Goberno actualmente, mais os circos de Ayuso e cía parece que serven pra tapar problemas mais importantes tanto niste estado coma no seu partido. 

Saúdos e grazas.