Bóas a tod@s de novo, p
ois nada, eiquí vos vai unha nova entrada de Virguerías.
O curioso é que tanto no anterior cómic coma niste, pois parece coma que estiveran os papeis das responsabilidades cambiados, pero non, porque eiquí se nomearon una temas pra falar tamén doutros, e inda que na cancelación do Entroido, a responsabilidade era da Xunta e das C.C. A.A, isto vai de que todos temos unha máscara, algúns máis que outros, e o Psoe(Prisoe pros amigos) usou a súa historia, e usa o seu logotipo e siglas, pra apropiarse dunha identidade que non se corresponden ca súa senda político-económica.
Non amigos, o Psoe cómo tal morreu en Suresnes, só que inda foi esmorecendo no social en parte co tempo ao principio e inda non o enterramos.
2 Posdatas: Paréceme lóxico que cancelaran o Entroido os da Xunta, mais se podrían haber buscado alternativas, reivindicar un Entroido menos turístico, mais pequeno pero tradicional e cultural, hai moito máis alá da festa entendido como esmorga ou jarana, e moitas mais persoaxes que os cigarróns e variantes.
O da máscara é Pablo Iglesias Possé, o fundador do Psoe, di moito de mín que teña que aclaralo, pero bueno, tiña outras ideas cómo pór o Pdr como máscara na que detrás anda o Ibex. Pra a próxima vez inda a risco de spoiler fago unha enquisa se teño varias opcións.